luns, 26 de outubro de 2015

Formación para o emprego no Programa InserAmes Brión


Neste mes de outubro demos comezo no Programa Integrado a formación para o emprego correspondente a 2015.
Xa se impartiron obradoiros transversais dunha xornada e deron comezo tamén cursos profesionais, que incorporan prácticas non laborais.


Os obradoiros impartidos ata o de agora foron o de "Elaboración de CV. A procura de emprego por Internet" e o de "A entrevista de traballo. Os procesos de selección". Cada un deles desenvolveuse durante unha mañá, cunha duración de 5 horas.

Nos dous obradoiros traballouse cunha metodoloxía de carácter moi práctico, facilitando aos participantes os conceptos básicos imprescindibles, para a continuación facer exercicios, simulacións, supostos, etc.
A asistencia foi de 12 alumnos/as no de "Entrevistas de traballo" e de 15 no de "Elaboración de CV".

Con estes obradoiros preténdese que os participantes traballen as súas capacidades de cara ao seu propio proceso de procura de emprego; coméntanse procesos de selección reais, trabállase o CV, a carta de presentación, a forma de remitilos, danse de alta en portais de emprego, en bolsas de traballo, inscríbense en ofertas...en definitiva, practican sobre situacións reais do proceso de procura de emprego.
Obradoiro de entrevistas de traballo
e procesos de selección


Ademáis impartiuse o curso de "Manipulador de alimentos", de 5 horas de  duración, homologado para obter a  acreditación correspondente. Neste curso  participaron 14 alumnos/as.

Formación específica

Por outra banda, deron comezo os dous primeiros cursos de formación específica, orientada á capacitación para desenvolver postos de traballo concretos.

O pasado mércores 21/10 deu comezo o curso de "Operacións auxiliares de almacén", no que participan 18 alumnos/as. O curso ten unha duración de 120 horas de formación e 80 horas de prácticas non laborais en centros de traballo.
Curso de "Operacións auxiliares de almacén"
Dentro dos contidos do curso, inclúese un módulo de "Operario de carreta elevadora", de 20 horas de duración, que homologa para o seu manexo aos alumnos que o superen.

E o luns 26/10 iniciouse o curso de "Operacións auxiliares de comercio", tamén con 18 alumnos/as. A duración é de 70 horas de formación e 60 de prácticas non laborais.
Este curso incorpora un módulo de "Manipulador de alimentos", de 5 horas de duración, que acredita como tal aos alumnos/as que o aproben.

Dentro da formación prevista para os meses restantes de 2015, quedan pendentes de inicio os seguintes cursos:

  • "Marca persoal. Uso das redes sociais para a procura de emprego (5 horas)".
  • "Comunicación e habilidades sociais. Coaching e técnicas de motivación para a busca de emprego (20 horas)".
  • "Técnicas básicas de produción téxtil: ensamblaxe de prendas de vestir (200 horas + 100 horas pnl)". 
  • "Manipulador de alimentos (5 horas)".
  • "Prevención de Riscos Laborais. Nivel Básico (Formación mixta (distancia-presencial) 60 horas)". 
  • "Inglés básico (40 horas)".

Ademáis da formación continuamos coas titorías individuais, intermediación, e as restantes actividades do Programa.