martes, 17 de noviembre de 2015

Cursos e actividades en Novembro

Iniciamos o mes de novembro cargados de actividade, continuando cos cursos que comezaron en outubro de "Operacións auxiliares de comercio" e de "Operacións auxiliares de almacén".
 
Alumnos e docente do curso de "Comunicación"
Na primeira semana do mes impartiuse o curso de "Comunicación e habilidades sociais. Coaching e técnicas de motivación para a procura de emprego", no que a docente, Susana, traballou durante 4 días diversos aspectos (individuais e colectivos) do proceso de procura de emprego, tendo en conta os factores persoais e profesionais dos participantes. 

 
Tamén deu comezo "Técnicas básicas de produción téxtil: ensamblaxe de prendas de vestir", curso que se imparte en colaboración coa empresa TEXDOBRA, S.L., radicada no concello de Ames. Os alumnos deste curso terán un período de formación teórico-práctica, que xa está en marcha, no centro de formación e emprego do Concello de Ames, en Aldenova, para a continuación seguir coa súa formación e posteriormente o período de prácticas non laborais nas instalacións da empresa en Lapido (Ames). Este curso ten unha duración de 200 horas teórico-prácticas e 100 horas de prácticas non laboais.

En canto ao curso de "Operacións auxiliares de comercio", finalizou o período de formación e comezaron o 16/11/15 as prácticas non laborais en empresas da contorna, de diversos sectores (téxtil, supermercados...). Durante aproximadamente dúas semanas os alumnos desenvolverán as tarefas propias de operativa de caixa, reposición, atención ao cliente, etc. nun ambiente de traballo real, o que lles permite desenvolver os coñecementos adquiridos no curso, e por outra banda, serve ás empresas para ver e "probar" candidatos formados, nos postos de traballo reais.



Visita e actividade práctica - CC As Cancelas
Na última semana de formación teórico-práctica os alumnos fixeron unha visita didáctica ao Centro Comercial As Cancelas, onde desenvolveron ao longo dunha mañá diversas actividades prácticas propostas por Julio, o docente do curso, experiencia que resultou moi proveitosa. Os alumnos visitaron tendas e locais de diferentes sectores, cubriron fichas de diversos aspectos, e observaron funcións que terán realizarán no seu período de prácticas. 

Por último, o curso de "Operacións auxiliares de almacén", está rematando a súa parte formativa, que finaliza coa impartición do módulo de "Operario de carretilla elevadora", tanto da parte teórica como as correspondentes prácticas coa carretilla, e que homologa aos participantes que o superen. 
A continuación, os alumnos realizarán as prácticas non laborais en diversas empresas, ao igual que os do curso de "Operacións auxiliares de comercio".
 
Simultáneamente á formación seguimos cos itinerarios personalizados de inserción (titorías), a prospección de empresas (de momento, centrada nas prácticas non laborais), a intermediación laboral, etc.

Seguiremos contando...